Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

blogue dedterron

Desde principios deste mes de abril 4 alumnos do ciclo de Administración de Sistemas Informáticos en Rede do noso centro atópanse realizando as súas prácticas de FCT en Dublín dentro do programa Erasmus+.Dublineses

Ábrese o prazo para presentar solicitudes para realizar as prácticas da FCT no estranxeiro a través do programa Erasmus+.

 

Para facer a preinscripción que nos permita realizar a petición de prazas dende o noso centro deberás cubrir o formulario que aparece nesta ligazón.

Durante o mes de xuño celebraránse no noso centro as probas libres para os distintos módulos do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

A xornada de acollemento será o día 2 de xuño ás 10h., e será obligatorio para os participantes nas probas acudir a dita xornada para poder presentarse aos exames nos que estean matriculados. As datas e horas de celebración do resto de exames poden consultarse no documento adxunto.