Skip to Content

Circulares

Solicitude libros ANPA setembro 2021

Estimad@s Asociad@s,

 Desde a ANPA infórmase:

  • Que o prazo  máximo para solicitar libros, de todos aqueles que se inscribiron como novos socios para o curso 2021/22 finalizará o próximo xoves  día 9 de setembro ás 14:00 horas  e que fora dese prazo será posible a inscrición como socio, pero o acceso aos libros será só daqueles que queden dispoñibles.
  • En principio prevese como data para a entrega dos libros o día 13 de setembro; en canto á hora e forma de entrega informarase por correo electrónico aos socios ao longo do venres día 10, unha vez se pechen listados.
  • Este curso os libros do fondo serán só de ESO e das materias que non participan en E-Dixgal, isto é:

Inglés de primeiro e segundo de ESO

Inglés, Francés e Galego de terceiro e cuarto de ESO

 

Circular ANPA Curso 2021/22

Prezadas familias:

Este ano, como o pasado, a forma de asociarse á ANPA do IES Isaac Díaz Pardo será  a través dun formulario on-line. Nel atoparades os seguintes campos:

  • Datos familiares precisos para a alta.
  • Solicitude de libros ao banco da ANPA
  • Comentarios e suxestións.

Debedes enviar o xustificante de pagamento da cota anual, que continúa sendo 15€, na conta  nº ES09 2080 0035 1330 4004 0960 de Abanca a nome de Asociación ANPA As Brañas, co seguinte texto, COTA ANUAL DE SOCIO e nome do/a alumno/a.

A cota de socio é unica por familia, polo que si no centro cursan varios irmáns, a cota será 15 € para todos.

Como sabedes, o centro implanta o Proxecto E-Dixgal para todos os cursos da ESO, aínda así continuaremos co banco de libros para as materias que non entran no programa e que, como en anos anteiores estará suxeito á dispoñibilidade aínda que tentaremos repartilos da forma máis xusta posible e que, como mínimo, cada socio, que o solicite, dispoña dun libro. 

Premer no enlace para darse de alta como socio ANPA: 

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAMAAJ744WtUQzJQSUFUQzBHTEFYV0tKREI0UVBIMlpXVi4u

O pasado curso continuamos coas clases de idiomas na academia London Town, e coas vosas aportacións colaboramos co centro na compra de equipos de medición da calidade do aire para as aulas e coa graduación do alumnado de 2º Bacharelato.

Este curso, dependendo da situación sanitaria, buscaremos novas formas de colaboración.

Toda persoa que desexe formar parte da ANPA pode comunicalo a través deste correo electrónico. 

Un saúdo

ANPA As Brañas

Colaboración ANPA e Concellaría de Educación e Deporte

Prezados socios:

Esperamos que vós e as vosas familias vos atopedes en bo estado de saúde.

Ante a complicada situación que estamos a vivir, a ANPA considerou que a mellor forma de investir parte dos fondos de que dispón a asociación é colaborando co equipamento informático do centro,  co fin de incrementar os recursos para docencia e facilitar o ensino virtual (cesión de equipos) no caso de peche de grupo ou centro.

En colaboración coa Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, financiaouse a compra de oito equipos portátiles, para completar a dotación do Taller de Tecnoloxía.

Grazas pola vosa colaboración.

Aproveitamos esta circular para informar de que continuamos á espera de poder convocar á asamblea xeral co fin de presentar as actividades da ANPA para este ano.

No caso de continuar as restricións, enviaremos circular informando das actuacións, estado de contas...

Quedamos a vosa disposición.

Grazas pola vosa atención e sobre todo saúde.

ANPA: Entrega libros en préstamo 1º, 2º ESO

Prezados/as socios/as:
 
O luns 14 de setembro procederemos á entrega dos libros en préstamo para os cursos de 1º e 2º ESO, co seguinte horario:
1º ESO: 16:00 a 17:30 horas
2º ESO: 17:30 a 19:00 horas
 
Pregamos o máximo respecto aos horarios e normas de seguridade COVID-19 marcadas  polo centro, evitando sobre todo as aglomeracións.
 
É importate destacar que para acceder ao "Banco de libros" é imprescindible estar ao corrente do pagamento da cota de socio da ANPA.

ANPA Escola de Nais e Pais: Taller sobre o uso das novas tecnoloxías e redes sociais

Prezadas familias
Contactamos de novo para informar da posta en marcha, coa colaboración do Concello, do Taller sobre o uso das novas tecnoloxías e redes sociais, un dos temas que máis nos preocupa aos pais. Logo da reunión con María Nogareda, concelleira de Educación,  tentaremos realizalo antes de Nadal.
Agradecemos a vosa participación na enquisa porque nos permitiu coñecer as inquedanzas da maioría, facilitando a proposta de actividades de interese.
Solicitamos de novo a vosa colaboración para responder a unha serie de cuestións que se formulan a continuación, co fin de contar cunha boa loxística á hora de organizar o taller.
Queremos trasladar a importancia de participar no taller mencionado, co fin de facilitar a continuidade destas actividades e outras futuras.

 Para responder formulario pulsar  aquí

 Enlace:

 Saúdos e grazas pola vosa colaboración

ANPA: Proposta de Actividade

Dende a ANPA, estamos mantendo conversas co Concello co fin de abrir posibles vías de colaboración, en concreto, a Concellería de Educación, está estudando a posibilidade de crear una Escola de Pais e Nais, na que tratar algúns dos temas que máis nos preocupan en relación cos nosos fillos.

Co fin de coñecer se considerades esta actividade interesante e os temas do voso interese, poñemos á vosa disposición unha enquisa anónima, para que nos fagades saber os temas que vos gustaría tratar na citada Escola.

Para participar non é preciso ser socio, polo que calquera que o considere interesante pode cubrila.

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAMAAJ744WtUOE5SN0xQV1JFQlJEQkcwRExFR0ZYT1NJVi4u

Soamente leva un par de minutos cubrila e esperamos que saia algo interesante da enquisa.

Grazas por colaborar.

ANPA: Horario Curso 2019/20

Horario de atención telefónica durante o curso escolar:

Luns e mércores de 18:00 a 20:00 horas.

Atención ao público presencial previa cita

Teléfono: 639526785

Correo electrónico: branasanpa@hotmail.es

ANPA: Fondo libros

O vindeiro luns 9 de setembro (en horario de 10:00 a 12:00) e o mércores 11 de setembro (en horario de 17:30 a 20:00), a ANPA recollerá os libros prestados ao alumnado para o curso 2018/19 e que aínda non foron devoltos.

Pregamos que todos os socios teñan en conta que a devolución deste material é imprescindible para poder dar continuidade ao banco de libros desta asociación.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut