Skip to Content

ANPA: Circular setembro 2024

Estimadas familias.

Informámosvos dos seguintes asuntos:

Entrega de libros

Estamos xestionando a adquisición de libros para completar os que xa temos de cursos anteriores. Unha vez iniciado o curso informarémosvos de como faremos a entrega a través da páxina do centro.

Canles de comunicación

Ademais de utilizar a páxina web do instituto, dónde se publicarán as circulares, tamén utilizaremos unha lista de difusión por whatsapp. Para que vos cheguen estes avisos, é necesario que gardedes o número de teléfono nos vosos contactos (639 526 785 ANPA As Brañas), en caso contrario, non vos chegarán os avisos vía whatsapp.

Novas altas

Por último, deixámosvos un enlace ao formulario para aquelas familias que queirades entrar a formar parte da asociación e non o fixerades aínda.

ENLACE AO FORMULARIO DE ALTA CURSO 2024-25

Para calquera dúbida ou aclaración que necesitedes podedes poñervos en contacto con nós.

Atentamente

A Xunta Directiva da Anpa As Brañas



page | by Dr. Radut