Prezadas familias
Contactamos de novo para informar da posta en marcha, coa colaboración do Concello, do Taller sobre o uso das novas tecnoloxías e redes sociais, un dos temas que máis nos preocupa aos pais. Logo da reunión con María Nogareda, concelleira de Educación, tentaremos realizalo antes de Nadal.
Agradecemos a vosa participación na enquisa porque nos permitiu coñecer as inquedanzas da maioría, facilitando a proposta de actividades de interese.
Solicitamos de novo a vosa colaboración para responder a unha serie de cuestións que se formulan a continuación, co fin de contar cunha boa loxística á hora de organizar o taller.
Queremos trasladar a importancia de participar no taller mencionado, co fin de facilitar a continuidade destas actividades e outras futuras.
Para responder formulario pulsar aquí
Enlace:
Saúdos e grazas pola vosa colaboración