Neste pequeno titorial veremos como funciona o chat de Webex.

Unha vez que estamos na pantalla de videoconferencia se prememos no botón da esquina inferior dereita podemos ver que se nos abre unha nova barra de chat.

Na barra de chat podemos ver, primeiramente, unha lista de todas as mensaxes. En cada unha destas mensaxes indícase quen a envía e para quen é esta mensaxe.

Podemos escribir ou ben para que o lean todos os participantes da videochamada, ou ben para que o lea unha persoa en concreto. Modificamos quen recibe esta mensaxe no despregable "Enviar a:".

Cando nos chega unha mensaxe é importante fixarnos se nola están enviando de forma privada ou é unha mensaxe para todos.


Última modificación: sábado, 12 de setembro de 2020, 11:08 AM