Neste pequeno titorial veremos como conectarnos a unha videoconferencia de Webex.

Podemos conectarnos a unha videoconferenica de Webex de dous xeitos, con un código ou con unha ligazón:

  • No caso de que teñamos un código, debemos ir a ligazón eduxunta.webex.com e introducir este código de 9 dixitos sen espazos no cadro central como se pode ver na seguinte imaxe.
  • Se temos unha ligazón, facendo clic nela accedemos directamente a videoconferencia.

Antes de acceder a videoconferencia en calquera dos dous casos (ligazón ou código) podemos previsualizar como se nos verá e nos oirá durante a videochamada.

O navegador pediranos permisos para compartir tanto a cámara como o micrófono coa páxina. Debemos premer en "Permitir".

Nesta pantalla podemos silenciar o noso micro e/ou apagar a nosa cámara se non queremos que se oia ou vexa. Para continuar prememos en "Iniciar reunión".

Unha vez na propia videochamada é posible que o navegador nos volva a solicitar permiso. Temos que volver aceptalo.

Dentro da propia videochamada observamos á esquerda un icono onde podemos ver información sobre a videoconferencia. No centro, na parte superior vemos o nome da persoa que está falando nese momento. Na parte inferior vemos as diferentes opcións.

Podemos activar e desactivar tanto o noso micrófono como a cámara. É convinte que cando non esteamos a falar teñamos o micro desactivado para mellorar a calidade de son da videochamada.

Na dereita da pantalla, na parte inferior, podemos ver os iconos para acceder á lista de participantes e ao chat.

Para saír da videoconferencia, prememos no botón vermello cunha cruz e a continuación en "Abandonar la reunión".



Última modificación: sábado, 12 de setembro de 2020, 11:08 AM