Neste titorial explicaremos como facemos para contestar a unha proba.

Ao iniciar a actividade proba podemos ver o seu título e a descrición. As probas poden ter un número de intentos limitados e un tempo límite para cada intento. Ademais poden ter unha data límite para a súa realización. Toda esta información aparece na páxina inicial da proba. Por exemplo, na imaxe seguinte podemos ver como só se permite un intento e que cada intento ten un tempo límite de 50 minutos. Ademais vemos como a proba pecharase o 11 de novembro.


Para comezar un intento debemos premer en "Intentar a proba agora". Ó facer isto, aparecerá un cadro emerxente que nos avisa das características da proba. É importante empezar a proba só cando esteamos totalemente preparado pois unha vez lle demos a Comezar Intento o cronómetro comezará a correr.

Unha vez empezado a proba irannos aparecendo as preguntas separadas en páxinas. Existen diversos tipos de preguntas cada unha coas súas características. Na descrición da proba explicarase como resolver cada unha. É importante fixarse na puntuación de cada pregunta que se amosa ao lado destas. Por outra banda, no cadro "Navegación da proba" podemos ver as preguntas que estamos vendo en pantalla e o tempo que temos restante.


Se prememos na páxina seguinte imos avanzando a través das preguntas. Podemos comprobar que as preguntas contestadas na páxina anterior aparecen en gris. Para rematar a proba prememos en "Finalizar intento...".

Aparécenos un resumo do intento amosando as preguntas que contestamos. Podemos editar as respostas premendo en "Volver a intentar" ou rematar a proba premendo en "Entregar todo e finalizar"

Antes de finalizar a proba pídenos confirmación de que queremos entregar.

Chega o momento de revisar o intento. Nesta pantalla podemos ver as respostas efectuadas. Moitas das preguntas son corrixidas automaticamente. Desta forma vemos marcadas con un tick verde as correctas e con unha cruz vermella as incorrectas. Tamén podemos ver cal é a resposta correcta e algunha explicación. No bloque de "Navegación da proba" aparecen as preguntas co mesmo código de cores. As que teñen que ser corrixidas a man polo profesor aparecen en gris.

Unha vez rematamos de ver as nosas preguntas prememos en Finalizar revisión. Se non estamos dacordo con algunha correción podemos preguntarlle ao profesor.

Ao rematar de revisar o intento volvemos a páxina inicial onde podemos ver un resumo dos intentos efectuados. Se a proba permite máis dun intento, podemos volver a facelo.


Última modificación: venres, 11 de setembro de 2020, 1:51 PM