Neste titorial veremos como podemos responder á unha discusión iniciada por un compañeiro/a ou por un profesor/a nun foro da aula virtual.

Ao entrar no foro vemos unha lista de discusións abertas. Prememos naquela que queremos responder.


Dentro da discusión podemos ver:

  • O título da discusión á que queremos responder.
  • Un despregable que nos permite indicar de que forma queremos ver as mensaxes. Podemos velas aniñadas ou por orde cronolóxica.
  • Un indicador de se estamos ou non subscritos á discusión.
  • A lista das mensaxes. Cada unha delas ten un botón de responder que debemos premer para responder a cada mensaxe.

Se prememos no botón responder vemos unha nova pantalla moi similar á de crear unha nova dicusión. Nesta nova pantalla vemos:

  • A mensaxe á que estamos respondendo.
  • O tema da resposta. Neste caso xa vén cuberto. Non fai falla que o modifiquemos.
  • O contido da resposta.
  • Podemos marcar para subscribirnos á discusión. De igual forma que cando creamos unha nova discusión, ó subscribirnos recibiremos unha notificación cando alguén responda nesta discusión.
  • Algún foro permítenos anexar ficheiros. É importante fixarse que hai un límite tanto para o tamaño como para o número de ficheiros que se poden anexar.


Para rematar prememos en "Comentar no foro".

Última modificación: venres, 11 de setembro de 2020, 9:56 AM