Neste titorial aprenderemos a iniciar unha nova discusión dun foro na aula virtual. Isto pode servirnos para preguntar algunha dúbida no foro de dúbidas da clase.

Cando entramos no foro vemos unha lista de das discusións que se publicaron anteriormente. É importante que se preguntamos unha dúbida nos aseguremos antes de que non se preguntou xa. Para engadir un novo fío prememos en "Engadir un novo tema de discusión".

Para publicar un novo tema temos que especificar:

  • No título temos que intentar expoñer de forma breve sobre que trata a nosa dúbida. Se son dúbida nun exercicio concreto podemos indicalo no título, se é dun tema en concreto poñémolo no título, etc.
  • No contido explicaremos con todo detalle o tema polo que abrimos a discusión.
  • Temos que seleccionar se estamos subscritos ou non ao fío. Se estamos subscritos, cando alguén responda no fío chegaranos unha notificación.
  • En algúns foros podemos engadir anexos. Podemos fixarnos que hai un límite establecido para o tamaño e o número de ficheiros que podemos anexar.

 Para rematar e publicar o fío pulsamos "Comentar no foro".

Última modificación: venres, 11 de setembro de 2020, 9:06 AM