Neste titorial explicaremos como enviar unha mensaxe a un profesor.

Dende calquera sitio da aula virtual, unha vez que iniciamos sesión, temos na parte superior ao lado do nome un icono cun bocadillo que nos permite acceder ao menú de mensaxes. Ademais no caso de que teñamos algunha mensaxe pendente sen ler este icono amosarase con outra cor.

Se prememos no icono podemos ver unha lista das últimas persoas coas que falamos e tamén unha opción para enviar unha nova mensaxe.

Se prememos en enviar unha nova mensaxe imos a unha nova páxina cun cadro de busca onde debemos introducir o nome do noso profesor ou profesora.

Ó introducirmos algunhas letras veremos como a lisa inferior se vai enchendo co nome de persoas que coinciden con este nome.

Prememos no nome do profesor ou profesora coa que queremos falar. Este aparécenos no cadro que temos na dereita. Agora para enviarlle unha mensaxe simplemente temos que escribir no cadro inferior e pulsar a tecla Enter ou premer en "Enviar".


Última modificación: venres, 11 de setembro de 2020, 8:58 AM