Nesta guía veremos como podemos personalizar o noso perfil.

Dende calquera parte da aula virtual, unha vez iniciada sesión, prememos no noso nome e a continuación en Perfil.

Amósasenos o noso perfil cos nosos datos. Temos unha ligazón para editar o perfil que prememos para continuar.

Dende esta pantalla podes modificar o teu perfil.

É interesante que te asegures que o teu enderezo de correo é o correcto. Podes modificalo se previamente tiñas o correo por defecto (noncontestar@edu.xunta.gal).

Por outra banda tamén é interesante que teñas unha foto de perfil pois axudará a identificarte de forma rápida. Podes modificar a túa foto tamén aquí.

Para rematar preme en "Actualizar o perfil"



Última modificación: sábado, 12 de setembro de 2020, 11:47 AM