Neste titorial aprenderemos a conectarnos á aula virtual empregando unha aplicación para o móbil.

Buscamos na Play Store se temos un móbil con Android ou na Apple Store se temos un móbil con iOS a aplicación Moodle. Ten un aspecto semellante ao seguinte:

Unha vez instalada e iniciada, a aplicación pregúntanos se somos alumnos ou profesores. Marcamos a opción conveniente.

Agora pregúntanos cal é o enderezo da nosa aula virtual. Poñemos https://edu.xunta.gal/centros/iesisaacdiazpardo/aulavirtual. E prememos en "Conectar ó teu sitio".

Para rematar o programa pídenos o noso nome de usuario e contrasinal. Unha vez introducidos prememos en Iniciar Sesión (Log in).

Unha vez seguidos estes pasos xa teríamos a aplicación configurada no móbil. Agora podemos empregala para realizar todas as tarefas que queiramos dende o móbil.



Última modificación: sábado, 12 de setembro de 2020, 12:11 PM