Neste titorial explicaremos como podemos facer para escanear un documento empregando o noso documento e gardalo en formato PDF.

Existen varias aplicacións de móbil que fan isto. Nós empregaremos a aplicación Genius Scan. Esta dispoñible tanto para Android como para iOS.

Primeiro precisamos instalar a aplicación. Para isto temos que ir á Play Store ou a Apple Store do noso teléfono e escribir na barra de busca o nome da aplicación (Genius Scan). Ten un aspecto similar a este:


Unha vez instalada, cando iniciamos a app vemos que na parte inferior dereita hai un icono dunha cámara. Ao premer nese icono actívase a cámara (se é a primeira vez que a empregamos pediranos permiso).


Deberemos sacar fotos a todas as follas do noso documento.

Temos que ter cuidado coas condicións de luz e comprobar que estamos enfocando ben. Na miniguía "Instrucciones para: Enviar fotos de tareas" elaborada por Nina Ninotska podemos ver algúns consellos para obter mellores resultados:


Unha vez que temos todas as fotos sacadas prememos no tick (✓) que está á dereita do pulsador da cámara e accedemos a unha lista de todas as fotos que sacamos. Prememos na primeira e editamola para mellorar o seu resultado:

O programa danos tres lapelas para editar cada imaxe:

  • Editar (Edit): permitenos tanto modificar o marco do ficheiro como voltear a imaxe. Intenta que o marco sexa o máis cercano ós bordes da páxina e que a foto este gardada no sentido correcto.
  • Filtros (Filters): o programa incorpora varios filtros. O único interesante é o filtro "Branco e negro" (Black and White) que empregaremos se o noso documento non ten cores e vemos que ao pasar o dito filtro se pode ver correctamente todo o documento. Noutro caso non empregaremos filtro e seleccionamos "Ningún" (None).
  • Formato (Format): En formato seleccionamos A4.


Unha vez editadas todas as imaxes volvemos a lista de imaxes premendo na frecha que hai na parte superior esquerda.

Para rematar gardamos o noso documento PDF. Para iso facemos clic no botón compartir. A aplicación na súa versión gratuíta só nos permite gardar o ficheiro no propio móbil ou envialo por correo electrónico. A opción máis cómoda é esta segunda xa que desta forma podemos enviarnos o correo a nós mesmos e posteriormente empregar o ordenador para acceder ó correo e descargar o ficheiro.


Última modificación: xoves, 10 de setembro de 2020, 8:44 PM