Neste breve titorial explicaremos como escribir un correo electrónico anexando un ficheiro. Imos poñer de exemplo GMail por ser o máis común. Nos outros proveedores a web terá unha estrutura semellante.

 Entramos en GMail premendo aquí e introducindo o nome de usuario e contrasinal da conta que xa temos creada.

 Prememos no botón redactar que aparece arriba á esquerda na pantalla. Se o menu está contraído so nos aparecerá un signo + (máis).


 Ábresenos unha pantalla similar ao que se pode ver na seguinte imaxe:


Nesta pantalla debemos redactar o noso correo. Os correos teñen varias partes:

  • No destinatario escribimos o correo electrónico da persoa ou persoas que van recibir o correo.
  • No asunto escribimos a razón pola que imos escribir de forma que a persoa que o recibe poida identificar de forma rápida o motivo do noso correo. Se escribimos a un profesor é recomendable por exemplo poñer o voso nome no correo e o voso curso para que sexa quen de identificarvos de forma rápida. Un exempo de asunto podería ser: "Dúbida de Xoan Teixeiro (3º ESO - A)".
  • Finalmente, no corpo do correo escribimos todo o contido do correo. Compre lembrar que un correo electrónico ten un formato diferente a un chat (WhatsApp, Instagram, etc.). Desta forma temos que saudar o inicio, identificarnos, explicar o noso problema ou dúbida e finalmente despedirnos.

 Se queremos enviar algún ficheiro anexo no correo debemos pulsar no botón que ten un clip. Abrirásenos un diálogo que nos permite seleccionar ficheiros do noso ordenador. Seleccionamos o ficheiro ou ficheros que queremos anexar e pulsarmos en Aceptar/Abrir. Os ficheiros anexados aparecerán listados ó final do correo.

 Para terminar debemos premer no botón "Enviar".


Última modificación: xoves, 10 de setembro de 2020, 7:02 PM