Para moitas das cousas que imos facer na aula virtual precisas ter unha conta de correo electrónica propia. Neste pequeno titorial explicaremos como facela.

Se tes un teléfono móbil é probable que xa teñas unha conta así que antes de crear unha nova comproba se xa a tes.

Imos crear unha nova conta de correo electrónico empregando GMail. Este é un servicio que provee a compañia Google pero hai moitos outros proveedores como poden ser Yahoo ou Microsoft. Os pasos que tes que seguir serán moi similares.

 Preme aquí para entrar na web onde se inicia sesión en Google. Verás unha pantalla similar a seguinte imaxe. Nela hai unha ligazón que pon "Crear conta" que nos leva ó seguinte paso.

Crear conta Google

Nesta páxina pídenos os nosos datos para crear unha conta de correo electrónico, como se pode ver na seguinte imaxe:

Crear conta Google

Temos que cubrir os datos.
  • O nome de usuario será o que defina cal vai ser o teu correo electrónico. Podes empregar por exemplo unha combinación das iniciais do teu nome e os apelidos. Este nome de usuario vai ser único polo que se xa foi escollido por algún usuario deberás inventar un.
  • O contrasinal é un conxunto de letras e/ou números segredos que permiten acceder a túa conta. Unha boa práctica para facer un contrasinal seguro e facil de lembrar é pensar nunha frase que nos guste e usar de contrasinal as iniciais de cada palabra.

Unha vez cubrimos os datos prememos en seguinte.

 Pídenos un número de teléfono para comprobar que a conta é correcta. Se non temos teléfono podemos empregar o de nosos pais. Temos que ter a man o teléfono que poñamos xa que vaise enviar a ese móbil un SMS cun código que temos que escribir na seguinte pantalla.

telefono1

 Temos que engadir novos datos. Os datos necesarios son a data de nacemento e o sexo. Os outros datos son opcionais. Porén, é interesante poñer un correo electrónico de recuperación por se se nos esquece o contrasinal. Podes poñer o email dos teus pais, por exemplo.


 Na seguinte páxina aparécenos as condicións de uso desta conta. Abaixo de todo hai dous cadros para marcar que temos que aceptar para poder continuar e crear a conta.


Parabéns! Xa tes o teu novo correo electrónico!
Última modificación: xoves, 10 de setembro de 2020, 7:00 PM