Neste titorial aprenderemos a recuperar o contrasinal da aula virtual.

Se temos un correo electrónico asociado á conta

No caso de termos un enderezo de correo electrónico asociado a nosa conta da aula virtual e podermos acceder a este correo electrónico, podemos recuperar o contrasinal.

Prememos no botón Acceder situado na parte superior dereita.

Prememos en "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?".

Introducimos ou ben o noso nome de usuario ou ben o noso enderezo de correo electrónico e prememos en "Buscar".

A continuación prememos en Continuar.


Se fixemos todo correctamente debería ternos chegado un correo semellante a este:

Prememos na ligazón que aparece en dito correo.

Introducimos o novo contrasinal da conta e prememos en "Gardar os cambios" para rematar.



Se non temos un correo electrónico asociado á conta

Se non temos un correo asociado a nosa conta da aula virtual ou non podemos acceder a este correo temos que falar con alguén do equipo directivo para que nos restableza o contrasinal da aula virtual.


Última modificación: sábado, 3 de outubro de 2020, 1:55 PM