Iniciar sesión |
EventosXoves Febreiro 22, 2018
Start: 22/02/2018 10:00
End: 22/02/2018 12:00
O 22 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de ESO asistirá ó auditorio do concello de Cangas á representación dunha obra teatral en francés" LA VIE EN ROSE". Trátase dunha obra de teatro na que o alumnado coñecerá épocas e movementos sociais nos que os protagonistas son mulleres que fixeron historia. Venres Marzo 09, 2018
Start: 09/03/2018 12:00
XII CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN "A IGUALDADE NO TRABALLO"
Co gallo da Conmemoración, do día 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Bueu, convocou entre o alumnado do derradeiro ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato, o XII concurso de viñeta e ilustración baixo a temática "A igualdade no Traballo". O obxectivo é sensibilizar ao alumnado sobre a desigualdade laboral entre os homes e as mulleres. Entre os alumnos/as premiados tivo unha mención especial unha alumna de 1º de ESO do noso centro; Iria Rodríguez Iglesias. A entrega de premios tivo lugar o 9 de marzo ás 12:00h no Centro Social do Mar.
|
Eventos
|