Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xaneiro 18, 2018
Start: 18/01/2018 12:45
End: 18/01/2018 13:35

 CHARLA SOBRE A UNIVERSIDADE DE VIGO

O xoves 18 de xaneiro tivo lugar unha charla sobre a Universidade de Vigo dirixida ao alumnado de 4º de ESO.

 

 

O obxectivo da mesma era dar a coñecer a Universidade de Vigo e as súas titulacións ao estudantado que teña interese en acceder á mesma.

  Nela os alumnos obtiveron información sobre os seguintes temas:

    • Acceso, preinscripción e matrícula na universidade.
    • Instalacións e servizos da universidade
    • Oferta académica, bolsas, aloxamento...
Xoves Febreiro 15, 2018
Start: 15/02/2018 11:55
End: 15/02/2018 12:45

REXURDIR impartirá no noso centro un taller sobre drogodependencias ó alumnado de 1º de ESO.

 

TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS

 

 

Comezarán no centro uns talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, na hora de titoría, dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir. 

DATAS: 18 e 25 de xaneiro.

              1 e 15 de febreiro.

               8 de marzo.

A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...todo isto coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo.

 

Distribuir contido