O vindeiro xoves 10 de decembro, alumnado de 4º E.S.O. A e P.D.C. visitarán a planta do grupo PSA en Vigo.
PROGRAMA:
09.45h -Recepción dos alumnos/as na Portería Principal do Centro
10.00h-11.00h - Presentación do Centro de Vigo e do Sistema de fabricación– 30’
- Presentación sobre a historia da fábrica, a súa situación actual así como un vídeo sobre a fabricación dun automóbil. A presenza das mulleres na nosa empresa: un valor en alza– 10’
- Exposición dos resultados froito das políticas sociais de integración de mulleres no equipo da Empresa. Unha posibilidade laboral: a diversidade de profesións nunha fábrica de automóbiles. – 10’
En colaboración cunha das nosas traballadoras comentarse a diversidade de oficios e profesións que hai nunha empresa de automoción. Dispoñerase de 10’ para organizar os grupos e poñer os medios de protección individual.
Visita á fábrica:
Formaranse dous grupos que irán acompañados, cada un ,por unha persoa de PSA encargada de realizar a visita e un profesor.
Recoméndase que as mulleres non leven zapatos de tacón, para maior comodidade á hora de levar as proteccións dos pes.
Grupo 1:
11.00h -12.00h Visita a Escola de Formación do Centro de Vigo: A fabricación dun automóbil. Como é o esqueleto dun vehículo?.
12.00h – 13.00h Visita aos talleres de Produción ,Embutición, Ferraxe e Montaxe.
Grupo 2:
11.00h – 12.00h Visita aos talleres de Produción ,Embutición, Ferraxe e Montaxe
12.00h – 13.00h Visita a Escola de Formación do Centro de Vigo: A fabricación dun automóbil. Como é o esqueleto dun vehículo?