A materia Dixitalización dá resposta á necesidade de adaptación á forma en que a sociedade actual obtén a información e en que se relaciona e produce coñecemento no alumndo que lle permita satisfacer as necesidades, individuais ou colectivas, que se foron establecendo de forma progresiva na vida das persoas e no funcionamento da sociedade e da cultura dixital. Pero a formación da cidadanía actual vai máis alá da alfabetización dixital, xa que require unha atención específica á adquisición dos coñecementos necesarios para usar os medios tecnolóxicos de maneira ética, responsable, segura e crítica.
A materia organízase en cinco bloques interrelacionados:
- «Dispositivos dixitais, siste- mas operativos e de comunicación»
- «Creación e edición de información e contidos dixitais»
- «Pensamento computacional»
- «Seguridade e benestar dixital»
- «Cidadanía dixital crítica».
- Teacher: Adán Amorín Vide
- Teacher: Óscar Rodríguez García
- Teacher: Sonia Rosales Resille
- Teacher: María Teresa Suanzes Torrecilla