Esta mañá de martes amenceu cunha temperatura máis alta do normal para esta época do ano, mais tamén con moito vento que foi amainando ao longo da mañá.
O alumnado despois de erguerse ás 07:00h asistiu ao curso de esquí e segue aumentando o seu dominio e a súa capacidade para superar novos retos.
O cansazo segue estando presente, mais tamén a ilusión por mellorar neste deporte fan que non se decaten das maniotas e que todo sexa máis levadeiro.
Rematamos a xornada no Centro Termal CALDEA onde relaxamos os músculos e compartimos dúas extraordinarias horas.
Todo segue o seu ritmo normal!!!
Deixamos algunhas fotos.... e seguiremos informando.