Skip to Content


 Icono Aula virtual

Blogues

A letra miúda

Accede ao enlace para ler "A letra miúda"

"A letra miúda" é a revista dixital da Coordinadora Galega de Equipas de Normalización Lingüística  

Os alumnos da Illa cazan sorrisos para unha exposición

"Os alumnos de 4º ESO do instituto da Illa saíron onte de expedición. Baixo o fermoso e desexado sol da tarde, que decidiu tamén acompañar co seu sorriso, deixaron o centro e percorreron as rúas do municipio á caza do tesouro.

E como nestes tempos afligidos non hai maior tesouro que un sorriso, ese foi o labor que se lles encargou aos mozos: buscar sorrisos e inmortalizarlas.

O resultado das súas pescudas á captura de xestos amables será agora transformado nun vídeo e nunha exposición"

Texto de María Santalla. La Voz de Galicia

Esta actividade enmárcase dentro do Programa Voz Natura.

MES de Marzo ECOLÓXICO


As actividades que quedan por facer para o mes de Marzo ecolóxico, dentro do Programa Voz Natura, son as seguintes:

Mércores 13: Probaremos o funcionamento dos fornos solares feitos por 3º PDC

Xoves 14: a Fundación SEUR recollerá os tapóns que recollimos

Venres 15: Visionado da película "Cenizas del cielo" por 4º ESO

Luns 18: Campaña enerxía positiva (preparación de macetas con plantas de interior para o Centro)

Martes 19: Dinámica de cubos (Explotación racional de recursos) 3º e 4º ESO

Mércores 20: Mercadillo de verduras ecolóxcas   (o recaudado irá daestinado ao Banco de Alimentos). 

Xoves 21: Plantación forestal dos carballos do noso invernadoiro nun terreo do Concello de a Illa.

Venres 22: Campaña enerxía positiva (preparación de macetas con plantas de interior para o Centro). Acto para rememorar o desastre nuclear de Fukushima.

"Enerxía positiva"

Queremos ter moita enerxía positiva no IES, por eso estamos a traballar en mellorar o aspecto do noso centro.

Empezamos poñendo plantas nos pasillos e na entrada.

O facemos cos voluntarios da horta nos recreos.

Dentro do mes ecolóxico de marzo de Voz Natura. 

ANTESDESPOIS

                         ANTES                                                                        DESPOIS

 

                      ANTES                                                        DESPOIS

 

Instalacións

 

INSTALACIONES DEL CENTRO

III Día da Ciencia en Galego

Baixo o título "Facendo Física de Partículas polo mundo", Carlos Salgado (Departamento de Física de Partículas e Instituto Galego de Física e Altas
Enerxías) e Abraham Gallás (Investigador Ramón y Cajal do Departamento de Física de Partículas da USC), achegárannos a descuberta dunha
resonancia que podería ser o bosón de Higgs, a pescuda de partículas
supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons ou o estado da materia do universo primitivo.

O alumnado de 4º ESO participará na Videoconferencia que terá lugar hoxe Martes 6 de novembro de 12:30 a 13:30 na Biblioteca do IES da Illa de Arousa.

Organiza o Departamento de Normalización Lingüística.

Localización IES da Illa de Arousa


 IES Illa de Arousa
Tlf. 886 151 059
Fax. 886 151 065

ies.illa.arousa@edu.xunta.es

Rúa de Bouzas s/n. 36626 Illa de Arousa (Pontevedra)

Visualizar o mapa ampliado

Distribuir contido


by Dr. Radut