Actividades

Día do libro: Inauguración da exposición dos poemas finalistas do III Concurso de poesía A TRAVE

O día 23 de abril os dezanove finalistas do III Concurso de Poesía Curta A TRAVE foron a inaugurar a exposición dos traballos finalistas no Centro Comercial do noso barrio.

NADAL NA GUÍA: CONCURSO DE POSTAIS

A biblioteca convocou un concurso de postais para coñecer as distintas tradicións que conviven no mundo nestas datas.

Neste curso, no que as bibliotecas escolares poñen o acento na ilustración, pensamos na postal como o soporte ideal para aunar texto e debuxo do xeito mais navideño.

A nosa gañadora foi Valeria Peinado. Parabéns!

concurso postais

 

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON ANXO FARIÑA

O escritor e ilustrador Anxo Fariña visitou a biblioteca do instituto para impartir un obradoiro de ilustración a alumnado de ESO e Bacharelato.

Agasallounos con varios dos seus libros e non perdemos a ocasión de pedirlle que nos adicase varios exemplares.

Grazas Anxo!

obradoiro de ilustración

II Concurso Poesía curta "La Trave" no CC Travesía de Vigo

O pasado mércores 3 de maio, o alumnado do IES A Guía desprazouse o CC Travesía de Vigo para participar na entrega de premios do II concurso de poesía "La Trave". De entre todas as poesías, saíron dúas poesías gañadoras (por votación online e por elección do xurado). Dende o IES A Guía queremos agradecer a iniciativa do CC Travesía de Vigo e a participación do alumnado, así como transmitir os nosos parabéns ao alumnado gañador Guiño

Para máis información, prema na imaxe seguinte:

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer