• Xeral

    • Normas de comportamento

      1. Non se pode comer nin beber
      2. Está prohibido o uso do móbil, no caso de ter que consultar un aula virtual pódese pedir unha tablet ou un portátil á persoa encargada.
      3. Os xogos de mesa pódense coller sen permiso pero non poden saír da biblioteca.
      4. O mobiliario debe utilizarse adecuadamente. Os asentos, incluídos os pufs, son de uso individual.
      5. Na sala do fondo hai que permanecer en silencio.
      6. A biblioteca non é unha sala de estar. Cando se permaneza nela débese estar facendo algo propio deste espazo: estudar, ler, escribir, traballar ou xogar.

    • Préstamos

        1. Préstanse ata tres libros durante dúas semanas, excepto en Nadal e verán que se amplía o préstamo ata cinco exemplares.
        2. Non se prestan xogos nin revistas.
        3. Non se prestarán libros durante a hora de ler.
        4. O préstamo en horario de mañá realizarase nos recreos.
        5. O usuario/a que non devolva os libros no plazo establecido, quedará sen dereito a préstamo o mesmo número de días que se retrasou na entrega do libro.
        6. No caso de libros de lectura obrigatoria, engadirase un mes á sanción anterior.

    • A biblioteca como aula

        1. Hai un horario semanal na porta onde apuntarse.
        2. O material da biblioteca está a disposición do profesorado.
        3. Pódese cambiar o mobiliario como se precise mentres se deixe como estaba.
        4. Durante a hora de ler non se permite usar os xogos nin realizar préstamos.
        5. No caso de usarse nas horas de garda, o profesor/a debe estar co grupo que non teña clase.