Saltar navegación.
Inicio

Lingua Galega e Literatura

Entrega dos premios dos alumnos do IES García Barbón no V Concurso de Fotoentroido

O Concurso de Fotoentroido vai xa pola V edición, este ano os/as gañadores foron:
- 1º Premio: Marta Guede do Ciclo Superior de Administrativo
- 2ºPremio: Ian Fernández do Ciclo Básico de Automoción
Podedes ver todos participantes no blog: normacigarron.blogspot.com
Queda aínda por fallar o ganador/ganadora do concurso intercentros: IES García Barbón, IES Castro de Baronceli e IES Taboda Chivite

        

O Clube de Lectura con Antón Riveiro Coello

O pasado venres 10 de Marzo o Clube de Lectura de Bac e Ciclos do IES García Barbón, asistiu a unha tertulia co autor de "A ferida do vento", Antón Riveiro Coello, no Museo da Limia en Xinzo. Conversamos sobre a súa última novela, sobre a figura de Carlos Casares, o homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e descubrimos os trucos que a ficción pode ter...Únete ó Clube e saberalos ti tamén!

AQUÍ E AGORA: Obradoiro de poesía con Xabier Xil Xardón

Obradoiro de escrita poética con Xabier Xil Xardón realizado o 6 de marzo.O alumnado reflexionou sobre a escrita, a creación e achegouse á linguaxe poética da man de Xabier Xardón, poeta actual.

Día do Cigarrón no Barbón

O mércores 22 visitounos Álvaro Ferreira e deunos unha charla moi interesante sobre o mundo do Cigarrón.Foi vestindo a dous Cigarróns alumnos do centro e describíndonos as partes do traxe.  Moitas grazas a Álvaro Ferreira, a Nelson, a Álvaro e Alejandro.

 

Éxito do I Concurso de Postres do Entroido do Barbón

O martes 21 celebramos o concurso de postres e foi todo un éxito. Os membros do xurado non pasaron fame, tivérono moi difícil para escoller o seu favorito. Todos os participantes foron premiados cunha das caretas de Cigarrón feitas polo noso alumnado da ESA.

 

Programa de Entroido no IES García Barbón

Xa temos preparado todo para a Semana do Entroido no centro: temos expostas as caretas de cigarrón e os carteis que informan das nosas actividades: Concurso de postres de Entroido o martes 21 e visita de cigarróns (Álvaro Ferreira, Nelson e outros alumnos do instituto) o mércores 22.


Agradecementos: A  Jesús Ferreiro Dameá, alumno da Esa,  por debuxarnos as caretas; a Nelson por facérnolas en escaiola, ao profesor Encinas por deseñarnos o cartel e a Borys Martínez por cedernos a foto do Cigarrón.

Que viva o Entroido no Barbón!

Comeza o Entroido no Barbón (ESA 2)

No García Barbón xa estamos a preparar o Entroido! O alumnado da ESA 2 está pintando unhas caretas de Cigarrón que nos fixo Nelson.  Cando as rematemos ensinámosvolas!

 

Agasallados no 1º Concurso de Fotografía "Verbas de Outono"

Foron entregados os premios do 1º Concurso de fotografía "Verbas de outono" por parte dá profesora de galego Ana Belén Mellado. Felicitar os premiados e agradecer a todos os participantes polo seu traballo e interese.

 

1º Premio (unha tablet): Alejandro Prado

2º Premio: (unha tablet):  Natalia Salgueiro

3º Premio (unha semana de comida e bebida sen coste no bar do centro): Marta Guede

Saída de Bacharelato ó Castro de Saceda

Os alumnos de Bacharelato visitaron ó Castro de Saceda e recibiron explicacións da intervención arqueolóxica coa empresa Xeitura.

Coñecendo o noso patrimonio... e valorándoo !!

Distribuir contido