Saltar navegación.
Inicio

Novas de Interés

Fin de curso para os alumnos de 2º de Bacharelato do IES García Barbón

Rematou o curso para o alumnado de 2º de Bacharelato no IES García Barbón. Estamos de celebración, xa que o duro traballo realizado tivo a súa recompensa (un 75% dos estudantes aproba todas as materias e acada o título de Bacharel).
En nome do equipo directivo e do profesorado: NORABOA A TODOS/AS!! e a seguir loitando con actitude positiva e perseverancia.
Para os que teñen algunha materia pendente, ánimo e seguir estudando con ganas para lograr aprobar en setembro.


Non deixedes de visitarnos! Sorte nos proxectos futuros que emprendades!

Probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio (Formación Profesional) 2016

MODIFICADO: O IES García Barbón ten asignado o CIFP A Farixa de Ourense como lugar para a realización das probas para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional. Se premes na imaxe podes acceder á convocatoria. 

      

Ademais, pulsando non logo do instituto poderás ver todas as sedes desta proba.

Se te presentas, moita sorte !!

Encontro do profesorado de Fabricación Mecánica IES García Barbón no Barrios do mes de maio de 2016

No Barrios de maio recóllese esta actividade do profesorado de Fabricación Mecánica que terá lugar os días 10 e 11 de xuño no IES García Barbón. O programa pódese consultar na columna esquerda desta web.

https://issuu.com/periodicobarrios/docs/201605_barrios

Video grabado durante a andaina do Proxecto Salvavidas para promocionar a doazón de órganos

Video grabado durante a andaina do Proxecto Salvavidas para promocionar a doazón de órganos polos alumnos de CAE do IES García Barbón

Alumnado do IES García Barbón participan nun obradoiro sobre cooperativismo, no periódico Barrios

"O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou en Ribadavia, na adega Cume de Avia, xunto con 50 alumnos e alumnas do IES García Barbón de Verín no obradoiro de ‘Emprendemento Cooperativo Eusumo’ que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Rede Eusumo."

Se queres ler o artigo completo no periódico dixital Barrios, preme na fotografía

Percorrido lúdico e cultural por Ourense dos alumnos de 1º de Bacharelato

O día  28 de abril  pola tarde e o  29  pola mañá  algúns  rapaces  e rapazas de 1º de Bacharelato das asignaturas de Anatomía aplicada e de Debuxo  realizaron unha saída a Ourense. O día 28  pola tarde  fíxose un roteiro cultural polas principais prazas do Ourense antigo. Despois disto foise ver unha obra de teatro dentro da Miteu, “El fabuloso mundo de la tía Betty” (arxentina do grupo El Rayo  misterioso).

Pola noite, logo dunha divertida cea, a cita foi co Fado no Auriense da man de Gonçalo Guerreiro, fadista lisboeta. Ao día seguinte, os alumnos iniciáronse nunha arte escénica que implica equilibrio, axilidade e coordinación: as acrobacias.

 Para rematar e como mostra destas 24 horas  pola fermosa Auria,  deixámosvos unha pequena montaxe que fixeron.

Edublogs do profesorado do IES García Barbón 2015/2016

Neste documento recóllese todo o relativo aos blogues realizados polo profesorado deste instituto co fin de apoiar a súa actuación na aula.

XVI Congreso Internacional de Ebru

Carlos Matos, profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no XVI Congreso Internacional de Ebru que terá lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é  transferida a soporte de papel.

 

Carlos Matos aprendeu esta técnica co mestre turco Hikmet Barutçugil e as súas obras, xunto coas dun reducido número de artistas internacionais, participará na exposición paralela ao congreso que se celebrará nos antigos pazos otomanos de Esma Sultan e de Dolmabahçe, na beira europea do Bósforo.

Actividades do Día do Libro 2016 no IES García Barbón

          

Lucía Rúa Afonso gañou a fabulosa camiseta no Concurso "Recomenda un Libro que che gustou". A súa recomendación literaria foi:  "La fundación" de A. Buero Vallejo. E mirade que libros tan interesantes foron recomendados!

 

Información para a comunidade educativa do IES García Barbón no Barrios de abril (2016)

As actividades extraescolares e formación en centros de traballo para os alumnos de FP, as titorías personalizadas de orientación para os alumnos de 2º de Bacharelato, o fomento da cultura emprendedora,...

Distribuir contido