Saltar navegación.
Inicio

Novas de Interés

Agasallos para o remate dos Clubes de Lectura

Co final de curso chega o remate dos Clubes de Lectura do IES García Barbón. Para celebralo, todos os participantes, profes e alumnos recibiron uns agasallos moi especias: bolsas con fragmentos das obras lídas e unha sorpresiña dentro.

Concerto de Cinta Adhesiva para pechar o curso dos Clubes de Lectura do IES García Barbón

O pasado luns día 12 tivemos a clausura dos Clubes de Lectura ,no salón de actos do centro,co concerto de Cinta Adhesiva: Silvia Penas e Jesús Andrés trouxéronnnos  poesía, música e imaxes para espertar os sentidos.

Maite Jiménez, profesora de Latín e Grego do noso instituto, presenta a traducción de dúas obras mediavais

Maite Jiménez Pérez, profesora de Latín e Grego no IES García Barbón presenta o vindeiro xoves en Santiago dúas obras medievais que vén de traducir ao galego. Así o reflicte o diario "La voz de Galicia" nesta entrevista (PREMER)

'Cantar de Ruodlieb' e 'Cantar de Valtario' foron os libros traducidos ao galego por Maite Jiménez Pérez , publicados por Rinoceronte Editora. Aquí tedes máis información destas obras literarias (PREMER).

Exposición da Semana das Letras Galegas no IES García Barbón

Na semana grande das nosas letras ven visitar a exposición de Carlos Casares que está exposta no primeiro andar do centro! Non faltes! Feliz semana das Letras Galegas!

Distribuir contido