Bitácoras
O congreso de Fabricación Mecánica que se celebra no IES García Barbón, no xornal "La Región"
Enviado por admin o Xov, 09/06/2016 - 02:30(Preme na imaxe para ir a nove na web)
O xornal La región de Ourense informa de que "O IES García Barbón acollerá un Congreso de Fabricación Mecánica os días 10 e 11 de xuño de 2016". Se premes na imaxe poderás velo na páxina web deste xornal.
Actividades de información e orientación académica
Enviado por admin o Mér, 08/06/2016 - 10:36Ofrecemos unha coidada selección de recursos de información e orientación académica. As actividades propostas refírense ás seguintes cuestións:-Hábitos e técnicas de estudo: avaliación e recomedacións serias, específicas e audiovisuais.-Oferta de estudos universitarios de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.-Vídeos explicativos do conxunto da oferta de estudos de Formación Profesional.-Información detallada e audiovisual dos distintos graos universitarios.-Programa Informático Orienta 2015-16.
Facendo Ciencia en Galego
Enviado por admin o Mér, 01/06/2016 - 00:07Ó longo desta 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato levaron a cabo diversas investigacións científicas, todas elas, iso si, en galego, contribuíndo deste xeito á normalización do noso idioma neste ámbito. Despois de moito pescudar, quixeron compartillar con nós as conclusións ás que chegaron estes novos, pero prometedores científicos, e por iso deixámosvos os vídeos que elaboraron. Desexamos que aprendades moito véndoos!!!
VI Congreso Internacional de Ebru
Enviado por admin o Mar, 31/05/2016 - 16:27Carlos Matos, profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no VI Congreso Internacionalde Ebru que tivo lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. Nesta presentación da conta da súa experiencia. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é transferida a soporte de papel.
Probando a orientar (por Lourdes Otero Rodríguez)
Enviado por admin o Dom, 29/05/2016 - 13:23"A elección de estudos ou dunha profesión é un proceso longo". Este documento de Lourdes Otero Rodríguez móstranos, tras unha reflexión, os aspectos que contempla o Programa Orienta. Lembrámosvos que o Programa Orienta é unha ferramenta informática para que valoredes as distintas posibilidades que se abren ante vós.
Curso de Mantemento e Montaxe Mecánico de Equipo Industrial
Enviado por admin o Dom, 29/05/2016 - 13:06Curso de 668 horas (80 horas de prácticas en empresas) de Mantemento e montaxe mecánico de equipo industrial, que se impartirá no IES García Barbón do 23 de xuño ao 28 de novembro de 2016.
O arte do dragón, segundo os alumnnos de Debuxo
Enviado por admin o Dom, 29/05/2016 - 11:31Carlos Matos, profesor de Debuxo, e o seu alumnado de Debuxo -onde estudan tanto técnico como artístico- pintan un dragón nun dos muros do IES García Barbón,en concreto o muro que separa as piscinas do instituto e que dá ao aparcadoiro . Están a dedicar bastantes tardes á devandita actividade, desde aquí agradecerlles o traballo para dar un toque alegre para a vista.. Moi bo traballo!
Pegadas literarias, Día do Libro 2016
Enviado por admin o Ven, 27/05/2016 - 10:51Por mor da celebración do Día do libro os rapaces de FP Básica, Bacharelato e os profesores do centro realizamos unha actividade a que chamamos “Pegadas literarias” e “Castelos literarios” onde houbo recomendacións literarias e un percorrido por diferentes autores, obras e personaxes vencellados á literatura universal . De todo o noso traballo deixámosvos unha mostra.
Unha axuda para decidir o teu futuro académico: Orienta 2016
Enviado por admin o Xov, 26/05/2016 - 16:57Facilitamos acceso ao programa informático Orienta 2016 como medio de axuda para a toma de decisións sobre o teu futuro académico. Preme na imaxe para ter acceso:
Fin de curso para os alumnos de 2º de Bacharelato do IES García Barbón
Enviado por admin o Mér, 25/05/2016 - 11:23Rematou o curso para o alumnado de 2º de Bacharelato no IES García Barbón. Estamos de celebración, xa que o duro traballo realizado tivo a súa recompensa (un 75% dos estudantes aproba todas as materias e acada o título de Bacharel).
En nome do equipo directivo e do profesorado: NORABOA A TODOS/AS!! e a seguir loitando con actitude positiva e perseverancia.
Para os que teñen algunha materia pendente, ánimo e seguir estudando con ganas para lograr aprobar en setembro.
Non deixedes de visitarnos! Sorte nos proxectos futuros que emprendades!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »