CONCURSO DE ROBÓTICA E EXPOSICIÓN DE "MIGUEL ANXO PRADO"
O dìa 27 de Abril os alunos e alunas de 2º da ESO foron de excursión o un concurso de robótica e a ver unha exposición. A continuación un deles cóntavos a sua impresión
Viaxe de ida Nos sentamos demasiado adiante , a música dá radio soaba demasiado alta e a xente pasaba completamente dela . Todos estábamos cos auriculares tentando aislarnos do barullo que estaba tendo lugar na parte traseira do bus.
Fundación Barrie Cando entramos no enorme edificio o que mais me impactou foron as cores , mais ben a falta delas . Todo o edificio era gris , chan gris , paredes grises , teitos baixos e grises , pero esto non foi o único , uns intres despois descubrin unha cousa que me fixo esquecer a falta de cor ; a ausencia de entusiasmo , de ilusión e esperanza , vin a un oficinista , Si! So era un home traxeado ,pero vinlle algo mais , tiña a cabeza gacha , os ombreiros caidos , a mirada perdida e triste, arrastraba os pes e cando entraba no ascensor parecía movido por unha cinta mecánica incrustada no chan , deume pena.
Logo fumos ao asunto da robótica , no que nin collin o computador , non quería fastidiala , quedamos dos primeiros.
O parque O mellor dá excursión , sen dúbida , querería poder ter un parque coma ese no patio do instituto , para manter as ganas de que chegara o recreo. Pasámolo coma nunca , eu aínda daba voltas cando cheguei a casa e non me recuperéis de todo o día seguinte.
Exposición de Miguel Anxo Prado Non me esperaba o que vin , as cores tan vivas , os trazos tan marcados e todo moi expresivo; contrastaba terriblemente co outro edificio. Isto salvoume a excursión , a verdade é que faltoume tempo para observar detalle por detalle todas as ilustracións e os comics, quixera estudalos para poñelo en práctica e asemellar os meus debuxos a eles , polo menos un pouco. E o meu ilustrador favorito e só pola exposición mereceu a pena ir.