LES CATHERINETTES
Hai moitos anos o 25 de novembro celebrábase en Francia a festa das Catherinettes.Estas eran rapazas que tendo cumpridos os 25 anos “aínda” estaban solteiras. Para buscarlles marido organizábase un baile ao que tiñan que acudir cun sombreiro verde e amarelo. O verde simboliza a esperanza (de encontrar marido) e o amarelo a familia e a sabedoría. Ademais tiña que falar cos seus adornos dos gustos, afeccións ... da catherinette. Era como unha última oportunidade de non “quedar para vestir santos” (“coiffer sainte Catherine”).
Na actualidade de esta festa só se conserva o desfile que fan as casas de alta costura no Hôtel de Ville de París e a broma que a familia ou os amigos lles fan ás catherinettes, pois teñen que levar posto o sombreiro todo o día!!!
No departamento de francés despois de traballar este tema nas clases concluímos que:
« Être célibataire à 25 ans et plus n'est plus une honte mais une option personnelle ».
Dando a coñecer esta festa que se celebra o mesmo día que a xornada internacional contra a violencia de xénero queremos facer reflexionar aos nosos alumnos sobre a igualdade de sexos, a educación en valores, a convivencia nas aulas e as relacións interpersoais.
A ONU, baixo o lema “Todos unidos para poñer fin á violencia de xénero”invítanos a ORANGER LE MONDE, cor que simboliza un mundo mellor e sen violencia.
No IES Fraga do Eume cremos no respecto e na tolerancia, por iso vestimos e pintamos o noso instituto de LARANXA.