Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 20, 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
20
21
22
23
24
Start: 24/03/2017 12:46

Visita do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato ao colexio Couceiro Freijomil, para concienciar sobre a crise da biodiversidade actual

bioloxía_e_xeoloxía_no_Couceiro_F_01.JPG

 Máis fotos

**Cada hora extínguense 3 especies. Cada día extínguense 72 especies. Cada ano extínguense máis de 30.000 especies**

Estamos ante a SEXTA EXTINCIÓN EN MASA que vive a Terra, unha extinción similar á que aconteceu no Cretácico hai 65 millóns de anos e levou á desaparición a grupos tan emblemáticos como os dinosauros. Pero a diferenza coas extincións masivas anteriores, esta gran extinción de especies está acontecendo tremendamente rápido e é provocada por unha única especie: o Homo sapiens.

Ante esta realidade tan alarmante, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato (Lara a medusa, Rebeca a panda, Manuel o lobo, David o tigre, Alejandra a pingüína e Antón o humano) impartiu unha charla no CEIP Couceiro Freijomil para concierciar aos estudantes de 6ª de primaria do importante que é o noso papel como cidadáns na protección do planeta. Cun gran sentido do humor e meténdose na pel de moitos destes animais ameazados, o alumnado de 1º de Bacharelato explicoulles aos máis pequenos cales son as causas da extinción de especies, que especies están actualmente en perigo de extinción e, o máis importante, que podemos facer cada un de nós para revertir e mellorar esta situación dramática.

A continuación, o alumnado de 6º de primaria debatiu en grupo medidas e solucións para resolver este problema global e, tras poñelas en común e comentalas, construíron un mural no que quedaron reflectidas as mellores ideas para facer do noso planeta un lugar sostible e respectuoso coa biodiversidade.

Dende o departamento de Ciencias Naturais do IES Fraga do Eume queremos agradecer a colaboración do alumnado, profesorado e equipo directivo do Colexio Couceiro Freijomil e, como non, amosar un enorme orgullo e admiración polo alumnado de 1º de Bacharelato que, de xeito voluntario e altruísta, puxo todo o seu esforzo e corazón nesta actividade de concienciación medioambiental. Grazas a todos e a todas!

 

E recordemos, cada un de nós ten un papel inmenso na protección da nosa casa, do noso fogar, o marabilloso planeta Terra!

25
26
Distribuir contido