Ven | ||
---|---|---|
Start: 24/03/2017 12:46
Visita do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato ao colexio Couceiro Freijomil, para concienciar sobre a crise da biodiversidade actual
**Cada hora extínguense 3 especies. Cada día extínguense 72 especies. Cada ano extínguense máis de 30.000 especies** Estamos ante a SEXTA EXTINCIÓN EN MASA que vive a Terra, unha extinción similar á que aconteceu no Cretácico hai 65 millóns de anos e levou á desaparición a grupos tan emblemáticos como os dinosauros. Pero a diferenza coas extincións masivas anteriores, esta gran extinción de especies está acontecendo tremendamente rápido e é provocada por unha única especie: o Homo sapiens. Ante esta realidade tan alarmante, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato (Lara a medusa, Rebeca a panda, Manuel o lobo, David o tigre, Alejandra a pingüína e Antón o humano) impartiu unha charla no CEIP Couceiro Freijomil para concierciar aos estudantes de 6ª de primaria do importante que é o noso papel como cidadáns na protección do planeta. Cun gran sentido do humor e meténdose na pel de moitos destes animais ameazados, o alumnado de 1º de Bacharelato explicoulles aos máis pequenos cales son as causas da extinción de especies, que especies están actualmente en perigo de extinción e, o máis importante, que podemos facer cada un de nós para revertir e mellorar esta situación dramática.
E recordemos, cada un de nós ten un papel inmenso na protección da nosa casa, do noso fogar, o marabilloso planeta Terra! |