O vindeiro martes, 27 de xuño, ás 12:00 na aula B102 do Edificio B do IES de Foz está programada unha charla informativa para dar a coñecer o proxecto Erasmus + “Ampliando fronteiras” aos alumnos do centro.
Este proxecto de mobilidade de alumnos consiste na realización dun periodo de prácticas de 28 días na rexión de Basilicata e está destinado a alumnos titulados no último ano. Nesta charla darase a coñecer o presuposto do que se dispón, as características do proxecto e as obrigas do alumno.
Para máis información ou no caso de non poder asistir, podese contactar coa coordinadora do proxecto, Leticia Maseda, no teléfono do instituto:982 870287