Skip to Content

Samos e O Cebreiro gustan ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato

O alumnado de Relixión e Portugués de 4º da ESO e 1° de Bacharelato foron coñecer dous tesouros da nosa provincia: o mosteiro de Samos e o poboado do Cebreiro.

Nunha xornada na que o tempo axudou a que estes lugaren lucisen máis fermosos, os nosos rapaces e rapazas percorreron un tramo do camiño,  coñeceron a lenda do Grial e foron acompañados por un monxe polo interior do mosteiro.

Ademáis de gozar da natureza, houbo tempo tamén para unha competición por equipos na que tiñan que demostrar o aprendido durante o día e os gañadores puideron degustar unhas deliciosas galletas do mosteiro.

     



blog | by Dr. Radut