Skip to Content

Quen dixo medo?

A mitoloxía galega está chea de seres que moran pola xeografía de Galicia. Aínda que a Santa Campaña sexa a lenda máis coñecida relacionada co mundo dos mortos, outros persoeiros poboan a nosa tradición oral. Brancaflor, filla pequena do demo, as lavandeiras, nubeiro, o home do saco, o sacaúntos ou o cabalo da Fiaña dan boa mostra dun rico universo creado polo pobo galego arredor do medo.

Para nos adentrar nel, alumnado de 1º e 2º da ESO amósanos a súa visión sobre algúns destes seres na exposición de debuxos Quen dixo medo?, que se pode ver na biblioteca. A iniciativa encádrase dentro da programación de actividades que se realizan este ano no instituto arredor da temática das emocións.



blog | by Dr. Radut