Restaurante Miguel González (Pereiro de Aguiar, Ourense), busca incorporar profesionais ao noso equipo de sala.
O restaurante ven de ser recoñecido este ano polas guías Michelin e Repsol cunha estrela e un sol, respectivamente, e buscamos xente que desexe incorporarse a un equipo destas características e crecer xunto con nós.
Na actualidade buscamos cubrir dúas prazas:
- Un profesional de sala para incorporarse ao equipo con carácter indefinido. Valoraranse formación específica no mundo do viño, idiomas e experiencia previa en restaurantes similares, aínda que non son cuestións excluintes. Buscamos un profesional con vocación de atención ao cliente e capacidade de traballo en equipo que desexe integrarse nun proxecto en crecemento e aprender as nosas dinámicas de traballo.
- Un ou varios profesionais de sala para incorporarse en tempada de verán. Non é precisa experiencia previa, aínda que se valorará experiencia en posto semellante, idiomas e formación no ámbito do viño. Posibilidade de reincorporación para a campaña de nadal ou de incorporación ao equipo con carácter indefinido.
Ambos perfiles son con incorporación inmediata.
Información en info@restaurantemiguelgonzalez.com