Inicio do Procedemento de Admisión do Alumnado para o Curso 2024/2025:
Toda a información premendo no seguinte enlace.
RESERVA DE PRAZA:
Os centros adscritos ao IES de Foz son o CEIP Nº1, CEIP O Cantel e CEIP de Nois.
Isto supón que o seu alumnado ten dereito de prioridade para a admisión, a través do proceso de reserva de praza, que se levará a cabo no propio centro adscrito (centro de orixe).
ADMISIÓN:
O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas de ESO ou Bacharelato no IES de Foz e que non teña praza reservada debe presentar solicitude de admisión.
O alumnado xa matriculado no IES de Foz ten garantida a súa permanencia nel. Polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que implique cambio de centro.
Formas de presentar a solicitude de admisión:
Preferentemente a través da aplicación admisionalumnado.
A través da Sede electrónica.
De forma presencial na Secretaría do centro utilizando o formulario normalizado de solicitude (os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
Calendario:
PRAZO
|
DATAS
|
Reserva de prazas nos centros orixe adscritos
|
Do 15 de xaneiro ao 5 de febreIro de 2024, ambos incluídos.
|
Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado
(No taboleiro de anuncios do interior do IES)
|
22 de febreiro
|
Sorteo público a efectos de desempate
|
Última semana febreiro e antes do 1 de marzo
|
Publicación de postos escolares vacantes
|
Antes do 1 de marzo
|
Presentación de solicitudes de admisión
|
Do 1 ao 20 de marzo
|
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (cando non haxa postos escolares suficientes)
|
10 días hábiles contados desde o día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
|
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido (No taboleiro de anuncios do interior do IES)
|
25 de abril
|
Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais (realizaranse ante o Consello Escolar)
|
5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación
|
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas
(No taboleiro de anuncios do interior do IES)
|
15 de maio
|
Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato
|
Do 23 de xuño ao 7 de xullo
|
Normativa reguladora do procedemento:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Servizos complementarios:
O IES de Foz ofrece servizo de transporte escolar e servizo de comedor escolar, deben ser solicitados no momento da matrícula.
Información Importante:
A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o Proxecto Educativo de Centro.
Poderase consultar a seguinte información na aplicación admisionalumnado:
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Máis información:
Manual para as familias.