Tarefa sobre publicidade
Requisitos do completado
Abertas: mércores, 14 de abril de 2021, 12:00 AM
Pendente: mércores, 21 de abril de 2021, 12:00 AM
Tarefa sobre publicidade
A publicidade é un recurso fundametal que empregan as empresas para dar a coñecer os seus produtos ou servizos e incentivar a súa venda. Hai empresas que gastan moito en publicidade. Como consumidores, debemos ser críticos coas campañas publicitarias.
A tarefa que vos propoño é a seguinte: elixir un anuncio publicitario e facer un comentario sobre o mesmo, atendendo aos seguintes aspectos:
- Produto (nome, descrición, principais características,..)
- Medio empregado para promocionar o produto (internet, televisión, prensa, radio, panel pubicitario,...)
- Mensaxe publicitaria (slogan, linguaxe empregada, protagonistas, imaxes, música,...)
- Valores, estereotipos que se transmiten
- Público ao que vai dirixido
- Conclusión
Enviade o enlace para que poida ver o anuncio ao que vos referides (sexa unha fotografía, vídeo,...)