Lingua Galega e Literatura 2º BAC
Esquema semanal
-
1. Resumo, tema e título
2. Definicións
2. Textos argumentativos
-
-
-
-
-
-
-
-
-
Recordatorio:
1. Verbos con alternancia vocálica:
A) Alternancia i-e : servir, ferir, mentir, sentir, seguir e derivados. —> sirvo, sErves, sErve, servimos, servides, sErven.
B) Alternancia u-o: acudir, cubrir, descubrir, durmir, cuspir, fuxir, sacudir, subir, sufrir, consumir, tusir, ulir, xurdir. —> durmo, dOrmes, dOrme, durmimos, durmides, dOrmen.
2. Conectores:
2.1. Comparativos: céntranse nalgún xénero de semellanza:
Do mesmo modo|xeito, da mesma maneira; igualmente; analogamente; paralelamente; ao mesmo tempo; asemade; tamén.
2.2. Aditivos: adicionan novos conceptos ou ideas.
E; ademais; tamén; alén d(iso); aínda máis; por riba; por máis; inclusive; até.
2.3. Opositivas: ideas contrastadas
A pesar de (todo); aínda así; mesmo así; aínda así; ora ben; de calquera maneira|forma|xeito; mais; pero; porén; todavía (en portugués); non obstante; en certo modo; por outro lado; doutra banda; se ben; até (un) certo punto; outramente; pola contra; á diferenza de.
2.4. Causativos-consecutivos: expresión de causa ou consecuencia.
Entón; daquela; en consecuencia; consecuentemente; xa que logo; por tanto; por iso; por ese motivo; por esa razón; por tanto; daquela; porque; pois (que).
2.5. Reiterativos, explecativos ou enfáticos:
Certamente*; vale a pena subliñar; convén incidir|insistir; convén|cómpre non esquecer; convén| cómpre ter presente; convén|cómpre salientar; sobre todo; principalmente; especialmente; convén|cómpre asinalar;
2.6. Exemplificadores: para ilustrar ideas ou conceptos expresados anteriormente.
Por exemplo; así; proba diso; noutras palabras; dito doutro xeito|doutra maneira;
2.7. Iniciais:
Para comezar(mos); en primeiro lugar; primeiro; inicialmente.
2.8. Disgresional:
A propósito**; convén|cómpre distinguir.
2.9. Temporais:
Despois; logo; a seguir; tal e como xa foi dito; como xa se indicou.
2.10. Feche do discurso:
Por último; en definitiva; en suma; finalmente; en resumo; para concluír(mos).
3. Modalidades oracionais: