Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Proxecto deportivo de centro

PROXECTO DE VIDA ACTIVA DE DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS ll

Unha das novidades neste 22-23 foi introducir o Spikeball , deporte de colaboración oposición, con espazo compartido e participación alternativa. Despois dunhas primeiras aproximacións aos fundamentos técnicos e regramento, o alumnado xa comeza a afondar na comprensión do seu eido táctico , con similitudes cos deportes de pala/raqueta e ou rede. 

Proba disto, o gran ambiente que se vive durante os recreos!! GO GO GO 

SPIKEBALL _ REGRAMENTO

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS

O proxecto de Vida Activa e Deportiva neste 22-23  foi deseñado polo grupo de traballo cun claro obxectivo, abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento , dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 

CARTEL DE RECREOS ACTIVOS 22-23_ IES FONTEXERÍA

XORNADA LOCAL _ CAMPO A TRAVÉS 22-23 _ NOIA

O pasado 30/11/2022 participamos na Xornada Local de campo a través. Desfrutamos dunha gran xornada onde acadamos moi bos resultados, pero sobretodo pasamolo moi ben. A rapazada comportouse de xeito escelente e amosaron un gran sentimento de equipo , proba disto a chegada a meta na categoría cadete masculino na que Pablo Lestón e Jesús García chegaron da man a meta.

FÚTBOL FEMININO NOS RECREOS

Desde o grupo de Dinamización de Igualdade comezamos o curso 2018-2019 felicitando ás persoas responsables do Proxecto Deportivo do centro por reservar a pista de fútbol os recreos dos martes para que as alumnas do centro que xogan  no equipo As Miúdas ensinen a xogar a este deporte a compañeiras que queiran aprender. Aleda ver o compromiso "das miúdas" e a boa acollida desta iniciativa entre as alumnas de 1º e 2º ESO!

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut