Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Proxecta (Quérote +)

Quérote +: unidade 5

Imaxes correspondentes ás actividades da ficha 5- "A relación dos sexos a través da Tecnoloxía" concienciando ao alumnado de 3º ESO no uso da tecnoloxía de xeito responsable e positivo e reflexionando sobre o seu uso nas relacións persoais; visiualizáronse os vídeos da web Pantallas Amigas, o vídeo doble check, debatindo sobre o seu contido; así como algúns elaborados polo equipo de dinamización dasTIC do propio centro (obradoiro de seguridade informática).  

En relación á unidade 5, desenvolveuse, ademais, o obradoiro "Cibermentorías: apoio entre iguais para a mellora da convivencia nas redes sociais en centros escolares", dirixido ao alumnado, a cargo de Javier García Barreiro, durante os VI Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva, no IES Plurilingüe Fontexería. En paralelo, para o profesorado, tivo lugar a charla de Guillermo Cánovas, "A formación da personalidade de alumnas e alumnos en internet".

 
 

Quérote + : unidade 1

Presentación do recurso Quérote+ ao alumnado dos grupos de 3ºESO

3b.jpg

Quérote + : unidade 2 e 7

As unidades correspondentes á "Educación Sexual", traballáronse a través da aclaración das dúbidas expostas polo alumnado dos grupos de 3ºESO na enquisa anónima e na caixa de correo na aula.

Información sobre "Prácticas aconceptivas e conceptiva", traballouse conxuntamente coa matrona do centro de saúde de Muros, a partir das dúbidas recollidas na enquisa e na caixa de correo. Así mesmo, o alumnado colaborou repartindo folletos informativos sobre a protección ante embarazos non planificados e as ITS. 

8a.jpg

Quérote + : unidade 3 e 4

Imaxes de actividades desenvolvidas polo alumnado de 3ºESO en relación á unidade 3-  "Orientación do desexo e a identidade sexual", contribuíndose ao coñecemento e ao respecto pola diversidade sexual e a eliminación de calquera tipo de discriminación. Colaboraron, ademais,  con actividades da campaña contra a homofobia "Non son o teu chiste", coincidindo co Día Internacionacional contra a Homofobia.

unidade3 foto5.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut