Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO 1º E 3º DE ESO

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO 1º E 3º DE ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL. (Orde do 13 de maio de 2011, DOG 31/05/11)


REQUISITOS:



  • Non repetir curso.

  • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: 



  • Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2009 e o exercicio fiscal 2009.

  • Dividirase a renda familiar entre o número de membros da unidade familiar.

  • A renda familiar é a suma das rendas de cada un dos membros da unidade familiar, é dicir, a suma dos recadros 455 (base impoñible xeral) e 465 (base impoñible do aforro) da declaración de todos os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda do 2009.
    Nos casos de violencia de xénero no contorno familiar non se contarán os ingresos do agresor, considerándose a familia como monoparental.

  • Ao presentar a solicitude autorízase á Axencia Estatal de Administración Tributaria e á Consellería de Facenda a comprobar se os datos de carácter tributario indicados son certos.
    Membros da unidade familiar:

  • Os pais non separados legalmente e, se for o caso, o titor ou titora, ou a persoa encargada da garda e protección do menor.

  • Os fillos ou fillas menores de idade, con excepción dos emancipados.

  • Os fillos ou fillas maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

  • Os fillos ou fillas solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

  • Casos distintos do anterior, tales como familias monoparentais (só conta o proxenitor co que conviva), separacións ou divorcios (non se conta o proxenitor  que non conviva co alumno/a pero si o novo cónxuxe, se o hai)falecemento dun dos proxenitores, menores en situación de acollemento, etc. requerirán xustificación documental que pode ser consultada no centro.

  • Os membros da unidade familiar que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade contaranse como dous.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Centro onde se matricule o alumno/a.


PRAZOS:


 



  • No prazo ordinario (alumnado que aproba todo en xuño): do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2011, ambos inclusive.

  • No prazo extraordinario (alumnado que aproba en setembro): do 1 ao 30 de setembro de 2011, ambos inclusive.


DOCUMENTACIÓN:


 



  • Solicitude (Anexo I) debidamente cuberta.

  • Orixinal e copia da seguinte documentación:

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.


b) No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2009, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:



  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

  • Certificado ou volante de convivencia.

  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

c) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2009:



  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,

  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

d) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.



e) O alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.


CONTÍA DAS AXUDAS PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA:



  • Familias monoparentais:

  • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €:     180 €.

  • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €:  104 €.

  • Resto das familias:

  • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €:     180 €.

  • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €:  104 €.

  • Alumnado matriculado en educación especial:    250€

A axuda é por alumno/a, non por familia.


TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES E ADQUISICIÓN DOS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR:



  • Unha vez tramitada e validada a solicitude entregaráselle un vale á persoa solicitante.

  • Con este vale, a persoa solicitante poderá adquirir os libros e material escolar no establecemento que escolla e polo importe máximo que figura no documento.

  • O establecemento receptor dos vales non poderá, en ningún caso, requirir á persoa que lle anticipe o importe do vale.

NOTA:
Pregámoslles que entreguen esta solicitude co sobre de matrícula.
Se precisan algunha información ou axuda para realizar a solicitude poden pasar pola oficina do centro.
A data de entrega dos vales comunicarase ás familias unha vez tramitadas todas as axudas.



Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut