Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

O que o confinamento deixou a medias..

  • Achegamos nesta entrada a listaxe de actividades programadas e organizadas para a Semana Cultural do centro- prevista para finais de marzo-en relación coa convivencia e igualdade, todas elas con perspectiva de xénero. A pesares de que foron canceladas con motivo da situación de alerta sanitaria, coidamos que serán un excelente punto de partida para comezar o curso 2020-2021 co obxectivo de que a coeducación non sexa outra das vítimas desta pandemia.

 

  • Obradoiro de Prevención de Enfermidades de Transmisión Sexual, con perspectiva de xénero, a cargo de persoal sanitario do CHUS, dirixido a alumnado de 1ºBacharelato.

  • Obradoiro de Prevención de Consumo e Adicións con e sen substancias, a cargo de Quérote +, dirixido ao alumnado de 3ºESO

  • Obradoiro de Autoestima e Habilidades Sociais Básicas, “Eu quen son”, a cargo de técnicas do CIM, dirixido a 1ºESO.

  • Charla informativa, a cargo de profesionais especializados, no marco do proxecta Por 365 días de respeto e igualdade, sobre Agresións sexuais e violencia sexual, dirixida a alumnado de 1º Bacharelato.

  • Charla sobre a violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais, organizada no marco do proxecta Por 365 días de respeto e igualdade, dirixida a alumnado de 2ºESO.

  • Presentación, a cargo do alumnado de 1º Bacharelato da materia de Coeducación do IES Fontexería, a desenvolver cos grupos de 4ºESO do noso centro e do IES As Insuas de Muros.

  • Obradoiros de Igualdade, organizados pola coordinadora de igualdade e desenvolvidos polo alumnado de 3ESO cos grupos de Primaria, do  CEIP Ramón de Artaza e Malvárez.

  • Visionado de películas como "Persiguiendo a Amy", "La directora de orquesta", "La bicicleta verde", e outras por determinar, en función do resto da programación da Semana Cultural.


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut