Exemplos de traballo realizado polo alumnado de Coeducación para o Século XXI
Deixamos nesta entrada algúns exemplos dos traballos desenvolvidos por alumnado da materia de Coeducación para o século XXI, de 1º de BAC.
O enfoque da materia foi fundamentalmente deliberativo, promovendo as presentacións orais de diferentes temas por parte do alumnado cara outras compañeiras e compañeiros. Deste xeito pretendíamos conseguir tanto unha mellor competencia oral por parte do alumnado, como mellorar a receptividade por parte do alumnado que recibe as charlas. Anos de experiencia con estas dinámicas de aprendizaxe entre iguais demóstranos que é a mellor das estratexias!
Cómpre salientar, xaora, as presentacións online que fixeron-para o grupo-clase-durante o confinamento. Cando menos, puidemos manter o carácter formativo, co enfoque de debate, neste último trimestre tan absolutamente anómalo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
A mística da feminidade-la esposa.pdf | 9.49 MB |
As feministas máis importantes do s.XX_.pdf | 572.28 KB |
As mulleres na II Guerra Mundial.pdf | 3.45 MB |
Flappers.pdf | 1.27 MB |
Flappers.pdf | 1.27 MB |
John Stuart Mill.pdf | 707.76 KB |
MENSAXES QUE TRANSMITEN AS SERIES ACTUAIS (2).pdf | 1.59 MB |
Conciliación e corresponsabilidade.pdf | 467.1 KB |
Discriminación_Berta_Álvaro_Lucía.pdf | 214.92 KB |