Obradoiros de igualdade separando por sexos
Un curso máis, e comezamos os xa tradicionais-para o centro- obradoiros separando por sexos nas titorías de 3º ESO, a mediados de outubro... Unha ocasión para que alumnas e alumnos reflexionen por separado sobre os mandatos de xénero que recibiron desde a infancia, sobre o que significa ser home ou muller, e como lles afecta na súa vida cotiá. Unha oportunidade para reflexionar desde a adolescencia sobre que persoa adulta queren chegar a ser...é dicir, que aprendizaxes deben atesourar e cales deben desaprender.
Os obradoiros realizáronse con diversas metodoloxías en 6 sesións de titoría en semanas non consecutivas- aprendimos de erros de cursos anteriores-, e promoveuse que o alumnado realizase algunha actividade de exposición oral para o alumnado de cursos inferiores. ASí, cómpre salientar a exposición que fixeron a alumnado de 1º ESO a partires da charla que recibiron desde os Plans Proxectas "A violencia de xénero dille non".
Como vén sendo habitual, o clima de convivencia entre alumnas e alumnos nas aulas ordinarias, mellorou substancialmente antes de chegar á terceira sesión dos obradoiros! A receita funciona...
Entre as actividades que non puidemos rematar polo confinamento, cómpre salientar os obradoiros que o alumnado de ESO realiza no CEIP Ramón de Artaza, onde cursaron primaria. Adxuntamos dous dos contos que estaban xa preparados para presentar en Primaria...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BONITAS.pdf | 6.39 MB |
CANDO AS NENAS VOAN ALTO.pdf | 4.21 MB |