Obradoiro de autodefensa feminina
Alumnas do IES Plurilingüe Fontexería participan no obradoiro de "Autodefensa feminina" organizado o sábado 5 de Outubro polo concello de Muros. Esta participación encádrase na habitual colaboración do centro co CIM muradá.
Se ben o número de alumnas participantes foi reducido, pola concurrencia de actividades deportivas ou problemas de desprazamento para outras alumnas, a valoración realizada polas alumas participantes anímanos a planificar unha actividade deste tipo no noso centro, no marco da Semana Cultural, co fin de que poidan beneficiarse da aprendizaxe todas as alumnas de bacharelato!