Parabéns ás Xardas de 2º de Bacharelato
- Concurso |
- premio |
- tecnoloxía
O venres 28 de xuño, nas oficinas de Altia, as compoñentes do equipo Xarda recibiron o premio da I edición do Desafío GenTech. Foi moi emotivo o gran aplauso con que os traballadores e traballadoras da empresa as recibiron.
Tras unha reunión informal co xurado e representantes da empresa para falar das motivacións que as levaron a participar no concurso e das súas expectativas na súa nova etapa universitaria, recibiron un agasallo como mostra de recoñecemento ao traballo que presentaron ao concurso.
Parabéns equipo e sorte na nova andaina que iniciades!!! Esas Xardassssssssss!!!