O machismo está....e regueifa feminista
Aquí están algunhas das respostas do alumnado de 1º BAC á pregunta de onde está o machismo:
na propaganda, no regaeton, na linguaxe, nas relacións, na intimidade, nas imaxes, en nós mesmas...Podedes ver os eslógans que propoñen para sacudírmonos o machismo de enriba...
Por se non abonda coa reflexión escrita...que mellor que dicilo en alto, ben claro. Con esa finalidade organizamos o obradoiro de regueifas feministas con Alba María, dentro das actividades da Semana Cultural, tamén co alumnado de 1º de BAC. Mágoa que só conservemos esta foto de Luna Schenck e Alba Expósito regueifando, e a súa regueifa.Cousas do directo!!
Iso si, a calidade da reguiefa dá unha idea da calidade do obradoiro. Parabéns e grazas, Alba María.
Profesora responsable: Olalla Liñares
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Na propagandaAlexandra e Brais.pdf | 311.39 KB |
Nas relacions.pdf | 103.25 KB |
Na linguaxe.pdf | 283.96 KB |
No regaeetonClara.pdf | 169.02 KB |
Na intimidade.pdf | 139.27 KB |
Nas imaxes.pdf | 80.37 KB |