Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Obradoiro de Sexualidade con alumnas de 2º BAC

Na Semana Cultural deste ano decidimos traer ao noso centro a experiencia presentada por Carmen Ruíz Repullo na investigación “La violencia sexual en adolescentes de Granada”. Realizamos o cuestionario anónimo e unha posta en común sobre os resultados do mesmo coa primeira xeración do IES Fontexería formada en igualdade desde 1º ESO.

Os resultados da enquisa e a posta en común coas alumnas reforzan a hipótese coa que abordamos este seminario, que comezou a fraguarse a partires dos obradoiros realizados o ano anterior, onde resoltou evidente que para algunhas alumnas establecer os límites do consentemento sexual resultaba un terreo conflictivo. Nos pdf. adxunto podedes ver a presentación den power-point do obradoiro e os resultados- nalgúns casos ben preocupantes- da enquisa anónima realizada ás alumnas.

 

A acollida e valoración do mesmo abren sen dúbidas un novo enfoque no proxecto de igualdade do centro, que aspira a acompañar a todo o alumnado nas diferentes experiencias ás que se enfrontan nesta etapa da vida.

Profesoras responsables: Sonia F. Casal e Susana Blanco

 

La violencia sexual en adolescentes de Granada, de Carmen Ruíz Repullo

1.jpg
2.jpg
3.jpg
AdxuntoTamaño
COMPRACER OU CON PRACER.pdf997.14 KB
cuestionario rapazas.pdf410.08 KB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut