Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Charla a cargo de Pantallas Amigas: Violencia de xénero e novo contexto dixital

Co obxectivo de non limitar a loita contra a violencia cara as mulleres á data do 25N, organizamos ao longo de todo o curso actividades diversas para abordar esta temática desde puntos de vista diversos. Con esta idea, un ano máis solicitamos a charla de Pantallas amigas: "Violencia de xénero e novo contexto dixital" para o alumnado de 2º e 4º ESO.

Cómpre salientar o impacto positivo que tivo entre os alumnos (varóns) o feito de que o ponente fose un home novo, co que sen dúbida se sentiron identificados, cun discurso explícitamente feminista e dunha contundencia sen paliativos. O profesorado que levamos anos traballando co alumnado-especialmente co de 4º ESO-puidemos observar un "antes e despois" no discurso dalgúns alumnos aos que parecía estar atraendo os novos discursos sociais que cuestionan a existencia da violencia de xénero. Parabéns a Íñigo polo seu labor!

 

Profesorado responsable: Susana Blanco e María Luísa Vidal

2.jpg
3.jpg


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut